26 abril 2022

 

Dentro do noso Programa INCLÚE o martes 5 e o  venres 8 de abril, o alumnado 5º e 6º curso, participaron nun obradoiro sobre sensibilización das emocións, a igualdade e a diversidade, impartido polo departamento de educación emocional, sexual e igualdade  de CASCO (Comité Antisida de A Coruña). 

Nel, a través de diferentes dinámicas trataron temas tan interesantes como os ámbitos da expresión das emocións, os esterotipos de xénero, a diversidade de modelos de familia, o acoso escolar, ou os cambios na Puberdade.

Como agradecemento polo seu traballo dende o centro quixemos regalarlles un pequeno ramo de diferentes plantas da nosa horta (caléndula, lavanda, menta,...)

O alumnado de 6º foi o encargado de facer as etiquetas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

O CEIP DE PRÁCTICAS, foi un dos tres colexios, con horta propia, seleccionados para recibir un obradoiro de formación, e decidimos facelo so...