12 decembro 2021

Plantación de inverno


Durante a segunda semana do mes de Novembro, fixemos a nosa plantación de inverno no horto. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos e do ben que se nos deu esta tarefa. 
Agora toca agardar e revisar semana a semana como van medrando as nosas plantas.

10 decembro 2021

OS RETOS DO HORTO

Este curso decidimos abarcar o traballo do horto, dende dúas modalidades para tentar facelo máis efectivo, por iso, gran parte do noso alumnado acudirá a plantar e recolectar no horto, e outra parte dedicarase a traballos na aula relativos ao horto. Aínda que este traballo pode parecer a simple vista menos atractivo, os rapaces acolleron con gran emoción os retos que lle presentamos para este mes.
3º de Primaria: Crear o noso Espantallo.
4º de primaria: Fabricar "Espanta- Topos".
5º de Primaria: Estudiar o clima ao longo deste mes.
6º de Primaria: Elaborar trampas para as Velutinas.

29 novembro 2021

NOVIDADES

Este curso académico 2021-2022 temos a oportunidade de colaborar co C.E.E. MARÍA MARIÑO, na nosa actividade medioambiental. Unha gran oportunidade para observar o traballo que fan os nosos compañeiros do FPB de Xardinería e Viveirismo. Empezamos esta colaboración cunha doazón de Faballóns para plantar dende as aulas que ao longo deste curso, traballarán na modalidade de "horto na aula", que son as aulas de segundo e terceiro ciclo.

COMEZAMOS ...

Iniciamos este curso cun concurso, para elixir a nosa mascota. O noso alumnado púxonolo bastante difícil, pero tivemos que elixir.... e decidimos que, por qué unha mascota, cando poderían ser unha morea delas, así que aquí tedes os elixidos de cada aula que participou.
...
Presentámosvos a " A PATRULLA DO HORTO"
6º de E.Infantil: CENORIA MULTICOLOR Lois Martínez Martín
1º de E.Primaria: LUA Ana Casal Rosende
2º de E Primaria: 2º A TOMATÍN Antón Varela Comba
2º B FLORCOR Carolina Caramés Arnaiz
3º de E.Primaria: NUBITA Saínza Maceiras Villarino
4º de E.Primaria: FRESA Daniel Boedo Riveiro
5º de E. Primaria: RONNI Amelie Grisales Ávila
6º de E. Primaria: MR. CABACIÑA María Bellas Sánchez
E como podedes ver nos seguintes vídeos, foinos moi complicado. Preparádevos para a sesión de cine...
Primeiro de E. Primaria
Segundo de E. Primaria
Terceiro de E. Primaria
Cuarto de E. Primaria
Quinto de E. Primaria
Sexto de E. Primaria

O CEIP DE PRÁCTICAS, foi un dos tres colexios, con horta propia, seleccionados para recibir un obradoiro de formación, e decidimos facelo so...