12 decembro 2021

Plantación de inverno


Durante a segunda semana do mes de Novembro, fixemos a nosa plantación de inverno no horto. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos e do ben que se nos deu esta tarefa. 
Agora toca agardar e revisar semana a semana como van medrando as nosas plantas.

10 decembro 2021

OS RETOS DO HORTO

Este curso decidimos abarcar o traballo do horto, dende dúas modalidades para tentar facelo máis efectivo, por iso, gran parte do noso alumnado acudirá a plantar e recolectar no horto, e outra parte dedicarase a traballos na aula relativos ao horto. Aínda que este traballo pode parecer a simple vista menos atractivo, os rapaces acolleron con gran emoción os retos que lle presentamos para este mes.
3º de Primaria: Crear o noso Espantallo.
4º de primaria: Fabricar "Espanta- Topos".
5º de Primaria: Estudiar o clima ao longo deste mes.
6º de Primaria: Elaborar trampas para as Velutinas.

O CEIP DE PRÁCTICAS, foi un dos tres colexios, con horta propia, seleccionados para recibir un obradoiro de formación, e decidimos facelo so...