26 abril 2022

 

Dentro do noso Programa INCLÚE o martes 5 e o  venres 8 de abril, o alumnado 5º e 6º curso, participaron nun obradoiro sobre sensibilización das emocións, a igualdade e a diversidade, impartido polo departamento de educación emocional, sexual e igualdade  de CASCO (Comité Antisida de A Coruña). 

Nel, a través de diferentes dinámicas trataron temas tan interesantes como os ámbitos da expresión das emocións, os esterotipos de xénero, a diversidade de modelos de familia, o acoso escolar, ou os cambios na Puberdade.

Como agradecemento polo seu traballo dende o centro quixemos regalarlles un pequeno ramo de diferentes plantas da nosa horta (caléndula, lavanda, menta,...)

O alumnado de 6º foi o encargado de facer as etiquetas.




21 abril 2022

Novidade!

 

E como novidade no mes de marzo, creamos unhas brigadas de  limpeza, rotativas, que continuará durante todo o curso escolar  e terán como función recoller o lixo que se atope na nosa zona de lecer, unha vez ao mes. 

Presentamos as primeiras en comezar, que non o fixeron nada mal!! Parabéns!!

BRIGADA ANTILIXO DE 3º: LOIS, SAMUEL, ANA, ADA ,  ANDREA E TEO.


 BRIGADA ANTILIXO DE 4º : NAÍM, VEGA, ALBA P., ANDREA, JOEL e DANIEL B.

 

BRIGADA ANTILIXO 5º: MANUEL, MATEO L. , XOEL, LEIRE e EVA 


   BRIGADA ANTILIXO DE 6º: DAVID, ADRIÁN P., ISAC, MILA e ALEJANDRA.





08 abril 2022


Hoxe celébrase o Día da Árbore, o Día Internacional dos Bosques, unha celebración declarada para protexer os bosques e zonas boscosas, quere ser un recordatorio da importancia das árbores para a vida, xa que son fonte de purificación do aire e proporcionan materiais e froitos ás persoas. Os bosques son fundamentais para combater o cambio climático.

E nós que  imos plantar? Unha maceira galega, (Grande plana estriada), doada por outro colexio, o Centro de Educación Especial María Mariño. Alí prepararon os pasos básicos para enxertar a árbore, e agora tócanos a nós coidalos para que a árbore medre e de os seus froitos.

 Será un reto máis a superar!

Así que decidimos facer unha festa cun gran mural feito por Educación Infantil, con poemas e incluso un rap! Todo para festexar que unha maceira imos plantar!!!


Aquí tedes o enlace por se queredes ver o vídeoDía da Árbore


E  agora expoñemos os traballos de cada curso: 


O MURAL DE EDUCACIÓN INFANTIL  





 

O POEMA DE TERCEIRO



O RAP DE 4º DE PRIMARIA





A POESÍA DE 5º 



OS POEMAS DE 6º DE PRIMARIA







 

O CEIP DE PRÁCTICAS, foi un dos tres colexios, con horta propia, seleccionados para recibir un obradoiro de formación, e decidimos facelo so...