Dentro do noso Programa INCLÚE o martes 5 e o venres 8 de abril, o alumnado 5º e 6º curso, participaron nun obradoiro sobre sensibilización das emocións, a igualdade e a diversidade, impartido polo departamento de educación emocional, sexual e igualdade de CASCO (Comité Antisida de A Coruña).
26 abril 2022
22 abril 2022
21 abril 2022
Novidade!
Presentamos as primeiras en comezar, que non o fixeron nada mal!! Parabéns!!
BRIGADA ANTILIXO DE 3º: LOIS, SAMUEL, ANA, ADA , ANDREA E TEO.
BRIGADA ANTILIXO DE 4º : NAÍM, VEGA, ALBA P., ANDREA, JOEL e DANIEL B.
BRIGADA ANTILIXO 5º: MANUEL, MATEO L. , XOEL, LEIRE e EVA
BRIGADA ANTILIXO DE 6º: DAVID, ADRIÁN P., ISAC, MILA e ALEJANDRA.
08 abril 2022
Hoxe celébrase o Día da Árbore, o Día Internacional dos Bosques, unha celebración declarada para protexer os bosques e zonas boscosas, quere ser un recordatorio da importancia das árbores para a vida, xa que son fonte de purificación do aire e proporcionan materiais e froitos ás persoas. Os bosques son fundamentais para combater o cambio climático.
E nós que imos plantar? Unha maceira galega, (Grande plana estriada), doada por outro colexio, o Centro de Educación Especial María Mariño. Alí prepararon os pasos básicos para enxertar a árbore, e agora tócanos a nós coidalos para que a árbore medre e de os seus froitos.
Será un reto máis a superar!
Así que decidimos facer unha festa cun gran mural feito por Educación Infantil, con poemas e incluso un rap! Todo para festexar que unha maceira imos plantar!!!
Aquí tedes o enlace por se queredes ver o vídeo: Día da Árbore
E agora expoñemos os traballos de cada curso:
O MURAL DE EDUCACIÓN INFANTIL
O POEMA DE TERCEIRO
O RAP DE 4º DE PRIMARIA
OS POEMAS DE 6º DE PRIMARIA
O CEIP DE PRÁCTICAS, foi un dos tres colexios, con horta propia, seleccionados para recibir un obradoiro de formación, e decidimos facelo so...

-
Hoxe celébrase o Día da Árbore, o Día Internacional dos Bosques, unha celebración declarada para protexer os bosques e zonas boscosas, quere...
-
Dentro do noso Programa INCLÚE o martes 5 e o venres 8 de abril, o alumnado 5º e 6º curso, participaron nun obradoiro sobre sensibilizaci...
-
O 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, que ten a súa orixe en 1975, ano no que se celebrou en Belgrado o Seminario ...