O 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, que ten a súa orixe en 1975, ano no que se celebrou en Belgrado o Seminario Internacional de Educación Ambiental. Neste evento establecéronse os principios da educación ambiental no marco dos programas das Nacións Unidas.
Esta conmemoración busca espertar a conciencia da xente sobre os problemas ambientais, que permita identificarlos. Por este motivo, dende o noso centro propuxemos unha serie de actividades relacionadas coa reciclaxe e o coidado e limpeza do noso medio ambiente.
Dende Educación Infantil, plantamos parte das sementes da próxima plantación, tomates cherry e pementos de Padrón.
No primeiro ciclo de Educación Primaria, puxemos CDs na horta para espantar os paxaros e evitar que coman os nosos produtos.
O alumnado do segundo ciclo, limpou o patio exterior de restos de lixo.
E por último os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, decoraron os pneumáticos que tiñamos na horta, suxeitando a malla anti-malezas para darlle máis cor.
Mirade que ben quedan no noso horto: