10 decembro 2021

OS RETOS DO HORTO

Este curso decidimos abarcar o traballo do horto, dende dúas modalidades para tentar facelo máis efectivo, por iso, gran parte do noso alumnado acudirá a plantar e recolectar no horto, e outra parte dedicarase a traballos na aula relativos ao horto. Aínda que este traballo pode parecer a simple vista menos atractivo, os rapaces acolleron con gran emoción os retos que lle presentamos para este mes.
3º de Primaria: Crear o noso Espantallo.
4º de primaria: Fabricar "Espanta- Topos".
5º de Primaria: Estudiar o clima ao longo deste mes.
6º de Primaria: Elaborar trampas para as Velutinas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O CEIP DE PRÁCTICAS, foi un dos tres colexios, con horta propia, seleccionados para recibir un obradoiro de formación, e decidimos facelo so...